Loiba – O Barqueiro


Ver Loiba O Barqueiro nun mapa máis grande..

Provincia: A Coruña

Concellos:  Ortigueira, Mañón.

Lugares: Loiba,  Picón, O Barqueiro

Distancia: 11 km

Transporte: FEVE

Sinopse: Paseo combinado co horario do tren (4 horas para camiñar), polo Lic de Estaca de Vares, no que hai unha ruta perfectamente marcada.

aguillós

Do apeadoiro de Loiba, sáese á estrada; á dereita vese a igrexa, a súa torre servirá de referencia para orientarse durante unha boa parte do paseo; o camiño a seguir é cara á esquerda dirixíndose ao centro de Loiba, no seguinte cruce tamén á esquerda para ampliar o percorrido pola costa, e pouco a pouco vaise indo cara ao norte, ata chegar ao acantilado, entre Estaca de Vares e Ortegal.Praia de Picón

Praia de Esteiro

A paisaxe é un espectáculo con agullas, praias, arcos e cantís. Desde a beira do cantil non hai mais que ir seguindo as marcas da senda en dirección a Estaca de Vares  ata o lugar de Picón, de aquí se baixa a praia de Esteiro, co seu pinar e mesas nas que comer.

porto do Barqueiro

Continúase  pola beirarúa ata o Barqueiro donde se baixará ao porto e despois de visitalo, súbese por unhas escaleiras ata a estación do tren.

Costa de Burela

batolitoO Castelo Burela. Sedimentos

Pregamento

Ver Costa de Burela en un mapa más grande
Partindo da estación , camíñase en dirección leste, en paralelo á vía do tren cara ao lugar do Castrelo, zona de interés xeolóxico por ser onde conflúen os granitos do batolito de San Cibrao con as cuarcitas características da rasa cantábrica.
Esta confluencia provocou uns pregamentos, de singular beleza no lugar da igrexa de Coedo á que se baixa desde o paseo marítimo polo carreiro de serventía chamado Pasada das cabras.

Igrexa do Coedo

igrexa do Coedo 2

Igrexa do Coedo 1Vista a zona, continúa o paseo polo camiño acondicionado, pasando xunto as Puntas das cabras, de Ancares, de Arca, Cabrouro, de Areoura e do Cantiño, chegando as Areouras, onde empeza o concello de Foz. Despois de 2800 m, chégase ao estremo leste do Concello, onde cambiamos o sentido do paseo, camiñaremos agora polo mesmo camiño, en dirección oeste, mirando con atención a costa e a súa morfoloxía.
Chegando a Burela baixaremos ao porto de carga para ver o lugar exacto no que coinciden ambas formacións xeolóxicas, é un tramo pequeno, moiafectado polos recheos para a expansión do muelle, pero de claro interés. Xa neste lugar nos asomaremos ao extremo do muelle para ver a zona do bolar, donde se podería chegar desde a igrexa de Coedo, pero con dificultade de paso.

Bolar 1Cuarzobolar 2
Continuaremos ao oeste, o porto e o Portelo, vese cabo Burela e a continuación a praia de Reliño. O paseo continúa ata a Marosa, para volver sobre os nosos pasos ata a estación de Burela.

Xuances


Ver Xuances nun mapa máis grande

Concellos: Viveiro, Xove

Lugares: Faro, Illade, Xuances, Fontao, O Bargo, Pereiraboa

Praias: Area, Portonovo, Esteiro

Distancia: 11,5 km Transporte: FEVE

Percorrido: Saíndo da estación de Xuances, sóbese a unha estrada asfaltada, e vaise por ela á esquerda, hai camiños alternativos no monte, anchos e ben defendidos por penedos de granito pero con varios eucaliptos atravesados, por iso optamos pola estrada que vai cara a praia de Area, á que baixaremos.
Praia de Area

Saimos da praia polo norte e seguimos o indicador da praia de Portonovo, o que nos levará ata o lugar de faro, onde se presenta a primeira das opcións. Para o paseo de 11km séguese cara a praia de Portonovo, para amplialo a 12,5 rodéase a península de faro, e aínda outra posibilidade é subir ao faro, donde a vista da boca da ría de Viveiro é un espectáculo.

Costeando vaise á praia de Esteiro, xa no concello de Xove, desde onde comeza o regreso no que atoparemos aparte da igrexa de San Pedro, uns núcleos de poboación moi pequenos, con grandes e fermosas casas

Illade

acompañadas de cabazos, palleiras e outros alpendres, realizados en pedra e madeira, que so por eles merece a pena dar este paseo


Chegando a Pereiraboa áo cabo de 8,5km está o punto de partida: o apeadeiro de Xuances e pódese rematar o paseo, ou ben continuar saíndo á esquerda polo indicador de Camba e camiñar en dirección a Acevedo, se ben ao chegar a este lugar, cóllese á esquerda por unha pista de terra que vai por Rocha, Lagüela e o Carballal, desde onde se vai a Xove para saír a estrada no lugar onde aparece o indicador de FEVE.
O regreso é no tren que chega a Ribadeo ás 18:18

Enlace para o album de fotos de este paseo:

Xuances


Ver Ribadeo Castros costeiros nun mapa máis grande
Percorrido: Partindo do apeadoiro de FEVE nos castros, vaise cara ao mar ata a praia dos Marbadás (ou dos castros) e a esquerda ata a praia de illas, e xa temos o Castro á vista: a parte exterior da muralla ocupada por un caseto rodeado dunha especie vexetal catalogada como invasora, e a parte interior con unha edificación que cando foi feita deixou ao descuberto (por pouco tempo) restos arqueolóxicos.
O paseo ven agora cara a Ribadeo ….

Veiga sur

A Veiga.As Travizas

 

Mapa do paseo


Ver Veiga sur nun mapa mais grande

Concello: A Veiga

Lugares: Miou, Travizas, Padrouzas

Distancia:  9 km

Percorrido:  Chegando á Veiga desde Ribadeo, éntrase polo río Monxardín buscando o camiño de Santiago, por el súbese a Forxa. Desde Forxa vaise á Sela de Murias polo Camiño de Santiago, con un desnivel de 150 m de subida en 3 km
Deixamos aquí o camiño de Santiago, caendo á esquerda para chegar en 1,5 km ás Travizas, desde onde hai unha espectacular panorámica da ría. Continúase cara Ás Paleiras que está a 2400 km por camiño ou por estrada.
Non que da mais que o descenso de 250 m por Pe de Xulián desde pico Travizas a Padrouzas para ir á beira do Monxardín ata regresar ao punto de partida.
                                                                                                                     Teresa Díaz

Luarca CEPESMA Otur

 
Ver mapa más grande

 

Concello: Valdés

Lugar: Luarca

Distancia: 10 km

Medio de transporte: FEVE

Percorrido: Saíndo ás 11:10 de Ribadeo na FEVE, con destino Luarca, chégase a Luarca ás 12:30, ao lugar adecuados para visitar as instalacións de CEPESMA, situadas provisionalmentre na misma estación. (http://www.cepesma.com ). Indo cara ao mar, visítase o centro de Luarca, e continúase ata a terceira praia, na que hai un carreiro que sobe en zigzag ata o alto do cantil. Pola beira do mar vense camiñando cara ao oeste ata aproximarse á praia de Albarde. Logo de vela desde arriba, polo camiño do Taurán vaise a San Justo e a La Mata onde está o Parque de la vida ( http://www.parquedelavida.org/ ) .Desde La Mata pasando por Canedo quedan 2 km para chegar a Otur, donde haberá que estar antes das 17:10 para coller o tren de regreso.

                                                                                           Teresa Díaz Estévez

De S.J. de Moldes a Ribadeo pola senda costeira


Visualizar o mapa ampliado

 

 

Concello:Castropol

Lugares: San Juan de Moldes, Castropol, O Esquilo, A Liñeira e As Figueiras

Distancia: 11km

Transporte: FEVE” (consulta horarios)

Percorrido:Tendo como punto de partida a estación de FEVE de Castropol, e baixando cara a estrada xeral, atópanse as marcas da ruta Vegadeo Tapia, que se seguirán en dirección Tapia ata aparecer as de un lugar con vista panorámica cara ao que haberá que dirixirse.

Unha vez nel, seguindo a dirección que se traía, báixase á estrada frente a Casa Vicente, lugar onde comeza a nova senda costeira entre Castropol e As Figueiras, perfectamente sinalada.

Das Figueiras continúase cara a Ponte dos Santos, para regresar a Ribadeo con un percorrido total de 11km.

                                                                                                     Teresa Díaz Estévez

As Anzas – Santomé – As Anzas

Visualizar o mapa ampliado
Parroquias: Covelas e Vilausende
Lugares: As Anzas, Río Grande, Santomé
Distancia: 10 km
Transporte: Coche particular
Percorrido: Saíndo da escola das Anzas en dirección ao Carboeiro, séguese unha senda marcada que vai cara a Reme de Arriba, ata chegar ao desvío á dereita que permite baixar ao río e atravesalo por unha ponte de cemento. O camiño continúa subindo entre eucaliptos ate a estrada que vai a Santomé, lugar que merece a pena visitar. Despois de ver a súa riqueza paisaxística e patrimonial rodéanse as casas para entrar no monte polo campo dos bolos e comezar un descenso en zig-zag con As Anzas ao fondo.

Pásase o Río Grande e ao chegar ás casas vaise á dereita para volver a aproximarse ao río pola segunda pista estreita e asfaltada tamén cara a dereita. Xa co río á vista xunto a unha casa restaurada sae un camiño á esquerda que vai ao lugar da pena tallada para permitir o paso dunha canal de auga para un dos muíños, do que quedan as ruínas, xunto a fermosa ponte chamada de Pena Tallada.

Sen pasalo río un camiño vai dende a ponte á pista na que voltaremos a atopar as marcas da senda e por ela á esquerda regrésase ao punto de partida, a escola.

Teresa Díaz Estévez

De Canero a Barcia


Visualizar o mapa ampliado

Concello: Valdés
Lugares: Canero, Caroya, Barcia
Distancia: 10 km
Transporte: FEVE” (consulta horarios)
Percorrido: Comeza o paseo na estación de Canero, onde se sae á esquerda ata a estrada xeral, que se atravesará para subir á ermida desde onde se continúa seguindo os sinais do camiño de Santiago que nos aproximan ao Río Esva para ir a súa beira ata a desembocadura na praia de Cueva. Na marxe oeste da praia, con a marea non moi alta, hai aceso a un carreiro que polo penedo sobe ao cantil, ofertando boas vistas da praia e da costa especialmente do cabo Busto. Vaise á beira do mar ata o camiño que baixa á praia dos muiños, lugar adecuado para comer.
O camiño continúa sempre ao oeste, subindo á sombra de frondosas e piñeiros, chegando as primeiras casas de Barcia, e atravesando o lugar, rico en valores patrimoniais.
A saída de Barcia, á esquerda, cara ao mar e mais adiante de novo á esquerda, atópase a apeadoiro de FEVE en Barcia, punto final deste percorrido.

Teresa Díaz Estévez

Da Veiga a Ribadeo


Visualizar o mapa ampliado

Concello:Ribadeo

Parroquias: Santalla de Vilausende e Ove

Distancia: 16 km 

Transporte: FEVE. (consultar horarios)

Punto de partida: Estación de FEVE da Veiga

Percorrido: Saíndo da estación cara á Veiga, a altura de Ferros Alonso, entrando á dereita, hai unha ponte para cruzar o Río Suarón, e despois de atravesar o recinto feiral, outra ponte permite pasar o Río Monjardín e outra vez á dereita vaise á ponte sobre o Río Eo. Xa en Galicia no lugar de Porto de Abaixo, unha estrada pendente sobe entre as casas, e gañando altura hai unha vista panorámica da xunqueira e os meandros do río Eo. Ao chegar a estrada de Porto de Arriba hai que ir á esquerda, pasando xunto a subestación do gas, para baixar ao Río da Veiga, Carbón e a Curuxeira para chegar á estrada de Santalla de Vilausende.

Vaise a esquerda, cara ao pazo, uns metros para entrar pola estrada que pasa diante da igrexa e seguir por ela ata o lugar de Santomé. Pasadas as casas baixa un primeiro camiño ao río grande, por o que non se entra, pero hai que velo, para despois entre os eucaliptos ver o segundo e así saber que no seguinte, o terceiro que fai unha pequena isleta a modo de rotonda, é o adecuado para baixar ao Río Grande nun punto que se pode atravesar por unha ponte de cemento e continuar por pistas de terra collendo cara a dereita na pista mais ancha na que se desemboca para chegar a Reme de Arriba.

Báixase de Reme  a estrada xeral para ir uns metros á esquerda e subir por camiños de terraa ata Frieira Vella. Na estrada á esquerda vaise cara a Pastoriza e no cruze á dereita por unha pista de terra atravésase o monte para saír a Vilar da Graña. Chegando ao asfalto á esquerda vaise á Graña e fronte a capela, entre as casas continúa un camiño que baixa á Palmeira, ao pasalo río convén desviarse uns metros augas arriba, para ver o muíño, actualmente en fase de recuperación, saése a Ove e a Ribadeo.

                                                                                     Teresa Díaz Estévez