Arquivo para outubro 2007

A Fraga de Teixido

teixido.jpg

Concello: Trabada                                                                                             

Distancia:12 km

Como chegar: Arranca este paseo circular do lugar sinalado como punto de partida para a ruta da Fraga da Becerreira, nun desvío á esquerda da estrada provincial nº 55; aproximadamente a 2,7 km de Trabada en dirección a Riotorto.

Ao deixar os coches vólvese a estrada xeral para atravesala e ir subindo por un camiño de pendente suave, seguindo as indicacións, non sempre fáciles de atopar. Despois de pasar a Fraga de Santo Estevo e a de Teixido déixase a pista para subir á esquerda, entre pinos, quedando o val de Lourenzá á dereita, este camiño continúa ata a estrada xeral que de novo se atravesa. Hai agora a opción de dirixirse cara a un tendido eléctrico para subir ao Picato, unha das maiores alturas da Serra da Cadeira. Ao oeste, o Val de Lourenzá saíndo ao Cantábrico polo Río Masma. Pechando o Val vese a Serra Toxiza, a Frouxeira e Cornería e por detrás a Serra do Cadramón. Ao norte aparece a Mariña Lucense e unha gran parte da costa  occidental Asturiana. Ao leste vense os pobos que foron medrando ao longo do Río Éo e atrás deles a Serra da Bobia en primeiro termo. Ao sur e en todo o entorno o que se ve é o propio concello de Trabada que nesta parte está poboada de fragas, temos á vista a de Vilapena, a da Becerreira e a de Teixido.

Báixase por un carreiro cara ao leste ata pasar regresar ao tendido de alta onde se sigue en dirección oeste pasando por un refuxio ata unha encrucillada , e báixase en dirección á Fraga da Becerreira, entrando nela para buscar e seguir as marcas que neste tramo son para ambas rutas, así se baixa ao río desde onde xa se ve o punto de partida.

                                                                                              Teresa Díaz Estévez

A costa oeste de Ribadeo: da Malata a Rinlo

11-praias.jpg

Para ver unha foto preme nela 

 rio-cabalar-4.jpgesteiro.jpgr-pernon-1.jpgfornelos.jpg

Concello: Ribadeo

Parroquia: A Devesa , Rinlo

Distancia: 9 km

Transporte: FEVE

Percorrido: Este paseo comeza na praia de San Miguel de Reinante, Barreiros, vindo cara ao leste polo paseo de madeira, que leva á Malata, desembocadura do Rego Pernón  onde comeza o Concello de Ribadeo. A este lugar, de marea baixa, chégase dende ambos concellos por cinco pasadizos diferentes; con marea alta queda illado polo propio paseo.Séguese sobre a praia das Augas Santas até a entrada á praia das Catedrais, baixando un pouco cara á praia, pasados os servicios un camiño moi pisado indica a dirección a seguir. Vense os “ollos” das covas, arcos e pasos da praia As Catedrais e logo se chega a Esteiro. Sempre á esquerda, o carreiro á beira do mar rodea a entrada do Cadramón, e mais adiante a praia de Cova que nos bota uns metros á estrada. Ao leste está a praia As Illas, sobre ela o castro e no castro unha casa particular. Ten un cancela para a serventía obrigada de paso.Xa se ve a praia dos Castros ou Marbadás, entre ela e a seguinte, Xuncos, imos por un tramo de paseo empedrado. Continuamos polo carreiro até a seguinte entrada, Porto, que chega até a estrada. Ao seu remate, collemos á esquerda para seguir xunto ao mar e chegar á praia de Meirengos. Nesta zona o cantil deixa pouco paso, se os penedos están mollados ou alguén ten dificultade para pasar, pode ir 300m pola estrada para voltar á costa unha vez pasado o lugar de Meirengos. Vese Punta Corveira cos Cormoráns na illa, e a  cetárea, lugar onde esparaba a ser vendido o marisco da costa de Rinlo: lumbrigantes, langostas e sobre todo andaricas.             Imos sobre os penedos e ao chegar á terceira cetárea hai un paseo marítimo que sube xunto ao rio á fonte de Xuncos e volve pola Ribeira, sobre a praia da Areosa, que non ten area, para rematar na pista polideportiva.

           

                                                                                  Teresa Díaz Estévez

Concello: Ribadeo 
                                                                 
Parroquias: Rinlo, Vilaframil, Piñeira e Vilaselán

Distancia: 16 km

Transporte: FEVE para consultar os horario preme aquí

Percorrido: Unha vez en Rinlo, camíñase por rúas e congostras, cara ao sur do núcleo urbano; por unha pista sen asfalto chégase a Punta Corveira para regresar por a costa, visitando as tres cetarias e percorrendo o novo paseo marítimo.            

Ao chegar á pista polideportiva, continúase poro carreiro de serventía á beira do mar. Na enseada de Liñares éntrase na parroquia de Vilaframil e logo de As Pudias, na desembocadura do Rego do Couto, hai unha área de lecer, sitio adecuado para descansar e comer.           

Pasado o rego está o Castro de Piñeira e seguindo o paseo á beira do mar rodéase a península de  Celeirós, pásase sobre as praias da Areosa e da Olga e éntrase en Vilaselán  por o Castro das Grobas. Queda por visitar a desembocadura do río de Vilaselán, que se cruza fronte a depuradora, para saír a pista que vai  á praia da Areosa, xunto as Penas Brancas, e á illa Pancha.

Vólvese a Ribadeo por A Chousa,  A Torre, O Circo e Campoxurado.

Teresa Díaz Estévez

O val do río Grande

Concello: Ribadeo                                                                  04-cub-ced.jpg

Parroquias: Covelas e Cedofeita    Para localizar o punto de partida preme aquí

Distancia: 14 km

Percorrido: O punto de partida é o restaurante A Pena, en Vilela; desde onde se van seguindo as indicacións do camiño de Santiago ata  pasar  a igrexa de San Vicente de Cubelas e saír á estrada no barrio do Esfolado. Deixase o camiño para baixar ao río por unha pista asfaltada que sube a Cedofeita por o lateral da Casa Grande. Percorrendo a súa fachada, e camiñando uns metros mais vólvese a chegar ao río, que marca o cambio de parroquia. Á dereita  sube  un camiño á sombra de castiñeiros ao Pedregal e San Antonio, chegando a cápela de O Viso onde se pode descansar contemplando a panorámica do val.           

Avánzase cara ao leste, para ver a fonte do Sueiro, en Requiande, e unha ponte sobre o rego Queixoiro  con o que volvemos ao Río Grande para dirixirnos a Salcedo, por os camiños e carreiros  da súa marxe esquerda, augas abaixo.

Despois da presa, xunto ao muíño, crúzase de novo o río, para subir a visitar o lugar que foi O Castro da Pumarega. Ao baixar atravesaremos o río e As Anzas, e xunto á escola, por unha pista de terra regresaremos ao punto de partida

Teresa Díaz Estévez

Concello: Ribadeo                                                             05-remourelle.jpg

Parroquias: Arante, Devesa, Vilaframil, Piñeira e Ove 

Distancia: 18 km      Para situar o punto de partida preme aquí

Percorrido: O punto de partida, para esta travesía en descenso por os montes de Ribadeo, é o bar ultramarinos “Centro”, en Remourelle; con 350 m de altitude, desde onde se sube, por pistas de terra, a Penalonga,  no pico do  monte Comado (509 m).

Atravesando monte baixo, chégase a Noceda, e  bordeando o Mondigo, por a cara norte, sáese a Cereixido. Continua o paseo por a forestal que vai xunto a A Coroa , pico ao que se pode subir (367 m), e a O Corno (296 m), sitio recomendado para comer.

Continúase baixando, sempre cara ao leste, por a pista forestal de Vilaframil, ata coller un desvío á dereita que leva por debaixo de Acevedo ao monte de Santa Cruz (175 m).

O derradeiro tramo do descenso será por as pistas de Ove.

Teresa Díaz Estévez

O Viso e San Fernando

13-cedofeita.jpg

Visualizar o mapa ampliado

Concello: Ribadeo                                                           13-cedofeita.jpg                           

Parroquia: Cedofeita            

Distancia: 11´5km

Percorrido: En Cedofeita, no barrio de San Antonio, está a capela da Nosa Señora do Viso. Xunto a ela comeza unha pista forestal que ao longo de 4 km pasa fronte Á Ponte , Os Bestilleiros e Arante; subindo moi a modo ata saír á estrada que discorre entre os concellos de Trabada e RibadeoNeste tramo, asfaltado e con pouco tráfico, vaise cara á esquerda e a pouco máis de 1 km chégase á capela de San Fernando. Lugar adecuado para comer e descansar; desde alí pódese subir ao pico da Paleira o que incrementaría o paseo en 4 km, xustificados pola panorámica.

         Fronte á capela unha pista de terra entra no monte; Aos 20m metros séguese un desvío á dereita, e 500 metros máis adiante vólvese á saír á dereita para baixar por Teixido ata a estrada de Piñeiro. Á esquerda iremos entre as casas da Torre ata a escola vella, onde está o indicador de A Trapa.

         Xunto a el, séguese polo camiño da dereita, chamado da Cruz. Foi feito no penedo, no que se aprecian as carrilleiras, símbolo doutros tempos. O segundo desvío á dereita leva á pista que vai paralela ao rego de Queixoiro, por a que se baixa ata Nobeledo, para continuar ao Viso polas estradas de Cedofeita.

Teresa Díaz Estévez

Marco da Pena Verde

17-arante.jpg

Visualizar o mapa ampliado

Concello: Ribadeo                                                             

Parroquia: Arante                

Distancia: 17 km.

Percorrido Partindo da Igrexa de Arante, vaise pola rúa que atravesa o barrio de Cei para saír a estrada Arante – Remourelle, ao chegar a ela, un camiño pasa pola Porta do Santego e despois de cruzala estrada chega ao Camiño de Santiago, que se segue por riba de Remourelle ata o val de Vilamartín. Cando o Camiño baixa cara ás casas, o paseo segue recto, paralelo ao Rego de Porto Bragán, collendo os desvíos á esquerda para ir rodeando o pico Cadaval, ata chegar fronte ao Respaldón de Fórnea.         Unha senda no límite de concellos, leva a estrada Balboa – Fórnea, que atravesándoa uns metros á dereita, deixa ver o Marco da Pena Verde. Lugar de interese polo marco en si e pola amplía panorámica.

         Vólvese ao paseo, pola estrada, collendo o camiño, sempre á esquerda, seguinte ao que se trouxo, e por el báixase entre o que queda da fraga de Arante ata a estrada Arante – Vidal, nun punto moi próximo ao de partida, a Igrexa de Arante

Teresa Díaz Estévez

Camiño de Santiago-Ruta do Estraperlo-A xunqueira

Ver o mapa en google

Concello:  A Veiga.

Lugar: Miou

Distancia: 13 km

Como chegarEntrando á Veiga desde Galicia,  pasado o río Eo, e pouco antes de chegar ao río Monjardín, hai que desviarse á dereita para subir a Miou.

Percorrido:  Camiñando pola rúa principal cruzamos o pobo para atopar as primeiras indicacións do Camiño de Santiago: unha corredoira, á sombra de carballos e castiñeiros, que vai ao son do rego de Louteiro. Ao pasalo rego vemos as marcas do Camiño que seguimos, xunto ás da ruta do estraperlo que vai en sentido contrario.

Tras unha subida longa e suave chégase a estrada que vai a Folgueiras. Camiñando uns metros á dereita, atopamos outra estrada, a de Bustelo, pola que, á esquerda, baixaremos cara a Abres.

            No camiño pasamos xunto ao que foi o castelo de Pebidal,  veremos casaríos que conservan elementos propios do patrimonio arquitectónico galego, e a Igrexa de Abres, directamente relacionada con o Camiño. Desde aquí, entre as casas, continuamos baixando ata coller á dereita polo barrio da Mundiña , para regresar pola beira do río. Ao longo dos dous quilómetros seguintes pódense escoitar e ver as aves acuáticas a moi pouca distancia, ata chegar fronte a  Couxela, onde o carreiro sube a Louteiro.

            Sen atravesar o pobo, vaise á dereita en dirección ao río, a baixada é forte, continúase por a xunqueira seguindo as marcas dunha senda que leva ao núcleo de Miou.

Teresa Díaz Estévez 

Lourido

Concello: Ribadeo                          20-santalla-de-vilaosende.JPG

Parroquia: Santalla de Vilausende

Lugar: Lourido

Como chegar:  Na estrada de Ribadeo á Veiga, despois de pasar a ponte de Reme, aparece o indicador de Lourido, nada máis entrar nesa dirección, déixanse os coches.

Percorrido: comeza o paseo, subindo a costa e ampliando a vista panorámica  da ría. Ao chegar ao bosque hai que entrar por unha pista á dereita, que logo se bifurca, o camiño da dereita volve cara á ría, o da esquerda ( case pechado os primeiros metros) é o que se ten que seguir para ir paralelos ao Río Grande, atravesando a fraga. Cando o camilo remata nuns prados á beira do río, haberá que subir por un carreiro a buscar unha pista forestal que continúa subindo ata a estrada que vai a Santalla.        

Por detrás do casarío que da á estrada, vai un camiño que logo de pasar xunto a un poste de telefonía atravesa a estrada de Santomé para entrar nun bosque con foxos e muros que defenden os restos das paredes de edificacións circulares que houbo neste castro. A continuación hai prados con vacas, así que é conveniente retroceder á estrada e seguir por ela ás primeiras casas de Vilaosende, onde entra unha pista cara á dereita que se bifurcará aos poucos metros. Déixase o desvío da dereita, que vai a Santomé, e séguese o da esquerda que leva á Atarola.        

Ao chegar á estrada, con atravesala xa se atopa o camiño a seguir, unha senda co piso de herba desde a que se ven os meandros do Río Eo. Ao chegar Á Venda, en Couxela, atravésase a estrada, e o camiño continúa, en suave ascensión, ata culminar nos prados de Carbón, para baixar por un carreiro ao Carbón, e seguir agora por estrada á Santalla e máis adiante, no cruce, por a dereita, ir cara a Lourido. Nesta zona a panorámica a contemplar é a da Veiga.

         Antes das casas, entre prados baixa un carreiro que chega a vía do tren de Vilaodrid, e seguíndoa cara a Ribadeo, dáse no punto de partida    

 Teresa Díaz Estévez

Río Suarón: De Piantón a Meredo

19-suaron.jpg


Visualizar o mapa ampliado

19-suaron.jpgLecer no mazoSalto da presa do mazomazo-de-meredo-e-fervenza-26.jpgR�o Suarón

Concello: A Veiga                                                        

Lugares: Piantón, Cobre, Meredo

Distancia:

Percorrido: Saíndo de Piantón pola  ponte de tres arcos, sóbese polo camiño de Arcilo e de alí a Cobre por unha pista alcatranada, que acaba na casa máis alta, gallando en dúas pistas de terra, cóllese á dereita para ir ata El Foxo. Ao chegar á estrada e atravesala, un camiño de terra segue a Grandameá onde volvemos á estrada, uns metros, ata outro camiño á esquerda que nos leva por encima da xeral, desde Grandameá ata Xaraz,             Neste tramo vemos Meredo onde destaca a casona palacio de Rodríguez de Cancio (s,XVIII) e a igrexa parroquial Santa Marina con planta de cruz latina.sempre á esquerda pásase o núcleo de Xaraz, e despois a fonte. Pola pista de terra, desde onde se ven na ladeira da enfronte ata tres cortíns, construccións circulares para protexer os trobos, continúase uns metros atendendo ao carreiro que logo se atopa para baixar á dereita ao aparcamento do mazo.            Báixase ao mazo, restaurado, é o lugar para refrescarse e comer. De volta ao aparcamento iníciase a subida por onde se baixou, e ao 10 metros  aproximadamente entra un carreiro á dereita que con unha subida suave volve ao camiño  que viña de Xaraz ancho e fácil de andar.

            Ao ir subindo, vese, sobre o mazo, o monte do Castelo, onde segundo Castrillón estivo o Castelo do Suarón., fortificación medieval que foi centro de actividades e capital militar do territorio denominado Honor del Suarón  situado entre as rías de Navia e Ribadeo, desde o mar ata Pesoz.

            Poucos metros mais adiante está a mina da Cancelúa, para visitala é preciso levar lanterna.. Seguimos por un bosque de carballos, loureiro acivro e aloliqueiras  ou madroños ata chegar a altura da casa de Sestelo: caserón construído no século XIX como fábrica de papel, que se empregou como orfanato dende 1937 ata o 51. Hoxe está parcialmente reconstruída. Ten presa para a central eléctrica propia e unha finca con variedade de árbores.

            Segue un carreiro monte arriba ata unha pista ancha de terra  que desemboca nunha alcatranada, fronte a Samagán, pola que se continúa ata completar unha curva pronunciada en U. Déixase a estrada por unha pista de terra que baixa cara ao río e pouco antes de chegar a auga, xunto a un poste de alta tensión, cámbiase a un camiño con herba, e auga, que vai á zona de baños de Piantón. Desde alí sube en zig-zag e continúa paralela ao Suarón ata regresar a Piantón, antiga capital do concello de Vegadeo, onde destacan a praza, a igrexa parroquial de San Esteban (s XVI-XVII). con tres retablos de imaxinería barroca, e a casona rural Casa do Rego  có seu pombal octogonal

Teresa Díaz Estévez