
Ver mapa más grande
Concello: Cervo
Distancia: 10 km
Transporte: FEVE para consultar os horario preme aquí
Sinopse: O paseo vai ao son do Río Xunco, que dende a Praia de Rueta vai ao Paseo dos Namorados en Sargadelos.
Percorrido: Utilizando como medio de transporte o FEVE o paseo comeza, e remata, na parada de Madeiro, que dista 1 km da ponte sobre o Río Xunco, baixo a que se inicia o paseo marcado á beira do río que haberá que atravesar por un pasadoiro firme e curioso. O camiño está limpo e ben trazado, entre as frondosas e a vexetación de ribeira con grandes fieitos, facendo o paseo moi grato. Ao aproximarse á estrada as marcas pérdense baixo a herba, é mais cómodo saír polo camiño que hai entre as dúas casas.
Unha vez na xeral hai que atravesala e camiñar 30 ou 40 metros en dirección a Viveiro para entrar por unha estrada asfaltada ata ver a primeira casa, cara á que hai que dirixirse para atopar un camiño á esquerda que volta ao río. Séguese a súa beira ata a Praza do Souto, centro de Cervo, no que está o Ecomuseo Terras de Azul Cobalto e o Parque da Lobeira.
O paseo continúa por detrás do Ecomuseo, enlazando co camiño real e pasa polos vestixios da antiga fábrica de Louza e polos Muíños, chegando ata a Fonte da Tella, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos: Sala de Arte nas antigas carboeiras, os cuarteis restaurados, muros dos edificios da antiga fábrica de fundición, as bocas dos fornos, senda botánica, Paseo dos Namorados, o museo da Casa de administración, o Pazo de Ibáñez, ….
Dependendo do transporte público, convén ter calculado o tempo necesario para o regreso que será polo mesmo camiño.
Teresa Díaz Estévez

No Responses to “Río Xunco. Cervo”
No feedback yet.