Parroquia: Lieiro - San Ciprián
Distancia:10 km
Transporte: FEVE (saída as 11:10, regreso ás 18:18)
Tomando como punto de partida a estación de FEVE de San Cibrao hai que baixar á estrada e dirixirse á esquerda ata chegar a unha curva pechada para ver un camiño que á dereita vai cara ao río Covo, na súa beira, o paseo vai augas arriba achegándose a unha ponte medieval, pouco antes dela sae un carreiro que vai ao son do río. Pasado o primeiro grupo de casas, e unha ponte, vese unha fonte na marxe dereita da estrada, detra dela, sae outro carreiro, por o que se volve cara ao mar ata chegar a Lieiro. Pasando xunto a igrexa vaise en dirección noroeste ata a costa, cerca da factoría de Alúmina, desde alí pódese vir polos penedos de granito ata a praia da Areosa onde pola estrada paralela á costa baixaremos as antigas fábricas de salga, á beira da Ría de Lieiro, desembocadura do río Covo.
Camiñando cara a San Cibrao polo paseo peonil vese a construcción, aberta e pensada como expositor, que reproduce a das antigas carpinterías de ribeira. Continúa o paseo polas praias, pasa polo istmo, e indo cara á esquerda vaise ganando altura por congostras e escaleiras ata chegar ao faro. Rodeada a península e sempre a beira do mar o paseo segue ata o campo de fútbol de Belavista. Ao seu remate continúa un carreiro, primeiro de terra e despois por as rochas de granito que forman este litoral. Chegando ao Portelo unha senda sae á estrada da costa e por a que se vai cara a San Cibrao. Para evitar o asfalto, éntrase por a primeira pista á esquerda, que ten unha ponte sobre a vía do tren, levando a mesma dirección que a estrada ata chegar a unha estrada actualmente en obras na que se baixa á dereita chegando así ao punto de partida.

No Responses to “Río Covo”
No feedback yet.