Archive for xaneiro 2008

Ruta verde: O tren de Vilaodrid


Visualizar o mapa ampliado

Concellos: A Pontenova(Lugo) e San Tirso (Asturias)                      26-tren-de-vilaodriz.jpg

Distancia: 12 km                                                            

Curiosidades: A vía do tren mineiro na súa totalidade medía 34 km dende Vilaodriz (A Pontenova) a Porto Estreito (Ribadeo). Comenzou a funcionar no ano 1903 co primeiro transporte de mineral de ferro, en Agosto de 1905 aumentou sete coches para transporte de viaxeiros, e foi clausurado no ano 1965.

Percorrido: O punto de partida son os fornos de limonita, na  Pontenova , na marxe dereita do Río Éo. Aquí o camiño é estrada, ao ir saíndo do pobo convértese en pista de paseo con fonte, mesas e lugares de descanso e despois xa se recoñece como lña ferroviaria, de vía métrica, sempre á marxe do río. Ten unha pendente máxima de 8´7milímetros por metro, e o radio mínimo das curvas é de 100 metros. As indicacións para o traxecto son sinxelas: sempre en liña recta, sen subir nin baixar.

            A ruta pasa por a parroquia de Conforto, A Pontenova,  e por San Tirso (Asturias) onde atravesará tres túneles antes de pasar á marxe esquerda en Vilaformán, Trabada, segue por terras galegas ata unha central hidroeléctrica, onde regresa a San Tirso, neste último tramo hai un punto perigoso ao ter que cruzar a estrada N-634 , pouco máis adiante un último túnel, o máis longo que posiblemente teña luz eléctrica, desemboca en San Tirso. Mentres alguén vai a recoller os coches, pódese ver O Pacio, pazo dos Condes de Altamira, edificio do s XVI rematado por dúas torres de tres alturas, e o Pazo de Amaído que ten asociada unha igrexa que nun furado da parede deixa ver un suposto “miliario” relacionado con cultos precristiáns.

                                                                                        Teresa Díaz Estévez

    

O Vilar da Graña


Visualizar o mapa ampliado

o-vilar-1.jpg   amanecer-desde-o-vilar.JPG   neboa-na-ria.JPG

Parroquia: Ove                                          vilar-da-grana.JPG                                      

Distancia:12km                                                                      

Percorrido: Partindo da piscina municipal,  por A Pega e San Xoán, vaise cara á A Palmeira. Ao chegar a este barrio entra en liña recta un camiño que ao achegarse ao río se bifurca; collendo á dereita súbese xunto ao Rego de San Martín, ata o extremo do punto limpo, onde comeza un carreiro que vai por diante das casas da Capela, ata un cruce, na parte alta de Pastoriza.

Indo á esquerda, cara ao leste,  éntrase nun monte de eucaliptos ata chegar a unha pista de terra, ancha, vaise por ela , á esquerda ata o primeiro camiño que entra no monte da dereita, para ir a Frieira Vella, e pola estrada á esquerda ata Frieira Nova. Chegando á primeira edificación, unha casa en ruinas, pequena, éntrase polo camiño que a rodea para regresar á pista ancha de terra e por ela á dereita vaise ao Vilar da Graña, con unha fermosa panorámica da ría. No camiño asfaltado ao que se chega, cóllese á esquerda para ir á capela do Santo Estebo, na Graña, onde se pode descansar. Entre as casas, e por detrás da última, hai un camiño que vai a  uns prados e logo  baixa a esquerda, entrando nun bosque, ata chegar xunto a un rego.

Entre voltas, acacias, carballos e algún castiñeiro volve á A Palmeira, ao chegar á estrada indo á dereita, un pouco antes dos restos da capela do Bo Xesús, un camiño que foi real, baixa á Vilavella, pasease xunto á ría e súbise entre as casas de este barrio para volver por o cemiterio e A Pega ata a punto de partida en Ribadeo.

                                                           Teresa Díaz Estévez