Moldes, As Campas, Berbesa e Figueiras


Visualizar o mapa ampliado

7-berbesa.jpg  .

Concello: Castropol    ATENCION AS OBRAS DA PONTE DOS SANTOS

Lugares: San Juan de Moldes, As Campas, Berbesa, A Liñeira, As Figueiras

Transporte: FEVE  con destino á estación de Castropol (consultar horarios)

Distancia: 10 km.

Percorrido: O  tren déixanos en Valín, un lugar de San Juan de Moldes. Cruzando a vía, un carreiro nos conduce á pista de terra que é parte do camiño de Santiago. Imos cara ao leste por a pista e por un camiño entre prados que nos leva a uns depósitos de auga. Alí o camiño da esquerda continua ata unha ponte da estrada sobre o tren. Pasada a ponte continua un camiño de terra que seguiremos en liña recta e despois de pasar un cruce de pistas,  un carreiro húmido e malo de atopar nos baixa ao Rego Fornelo.

Deixamos alí o camiño de Santiago para seguir á beira do río por Berbesa ata a súa desembocadura na enseada de  O Esquilo. Neste punto hai que subir cara a estrada N 640 e antes de entrar nela, vese a pasarela de madeira que leva ao camiño de A Linera, que atravesamos, e por os camiños de Donlebún, entre cipreses imos aos Molinos e ás Figueiras.

Despois de pasear por as súas rúas, pasaremos a Ponte dos Santos para volver a Ribadeo sobre as catro e media da tarde logo de pasear 10 km .

A día de hoxe (ano 2008 e seguintes) non se pasa pola Ponte dos Santos camiñando.

No Responses to “Moldes, As Campas, Berbesa e Figueiras”

No feedback yet.

Leave a Reply

Name Email Website URI