Archive for abril 2008
Concellos: O Vicedo, O Barqueiro
Lugar: Río Sor
Distancia 9,3km
Como chegar: En coches particulares hai que ir ao Vicedo para entrar cara o sur, a Negradas, despois bordear a illa de S. Martiño e o esteiro do río Sor e seguir cara ao Morgallón
Sinopse: Desde Morgallón báixase ao río Sor, rodéase o Monte da Ínsua, regresando a Morgallón
Percorrido: Este sendeiro destaca pola beleza das ribeiras do río Sor. Iníciase despois de pasar o núcleo do Morgallón, no cruzamento dunha grande explanada. Segue por unha estrada local ata a ponte que cruza o río en Monte de Insua de Baixo. Desde aquí diríxese, dirección río arriba, a Ponte Ulló.Unha central eléctrica xa abandonada, unha antiga cadeira de ferro que grazas a unha polea permitía atravesar o río e un fermoso muíño son algúns dos elementos que acompañan a ruta. A presa de Ponte Ulló constitúe unha importante reserva piscícola. Despois de cruzar o istmo que separa os dous tramos do río, cóllese a pista de regreso que acompaña o curso do auga encaixada entre verticais ladeiras. Ao chegar outra vez a Monte de Insua e despois de cruzar a ponte, un sendeiro pola marxe dereita do río conduce ata outra telecadeira.