Tapia – Porcía – Tapia

Pincha aquí para ver o MAPA DO PASEO

Partindo dos lavadoiros da praia de Represas, comezamos a camiñar á beira do mar ata a Punta de Turbela, vista a panorámica volvemos ao camiño para entrar no que foron as minas de Salave, asomarnos á punta do Pedrón, e vir costeando por o tramo de costa que se chama O cántaro ata a praia das poleas. O camiño agora deixa a costa, pasa por Balmorto e pronto volve aos acantilados para seguilos ata ter á vista a fermosa punta de Torba.A continuación parece que hai que achegarse practicamente á estrada, no lugar chamado Calvario de Campos e a continuación visitar as outras minas abandonadas e chegar xa á desembocadura do Río Porcía polo que seguiremos ata a  Capela dos Remedios en Porcía. A distancia ata este punto serían 9km vindo pola senda GR 9. Se temos en conta os desvíos que faremos para achegarnos á beira do mar, seguro que será algún mais O regreso será polo camiño de Santiago, que pasa por os lugares de Outeiro, Calvario de Campos, Campos e Salave, e Cortaficio, chegando ao punto de partida en 6 km.