O tren de Vilaodrid ao seu paso polo concello de Ribadeo

máquinaMapa do percorrido

Distancia 13km

Concello: Ribadeo

Lugares: Ove e Vilaselán

Imos en bus, tal vez algún día na FEVE ata a entrada a Porto de arriba. Frente a marquesina vemos a boca do túnel. Percorremos o túnel, ida e volta, é o único accesible na data actual (agosto 2014) ; e iniciamos o rego da viña0jpgcamiño cara a Ribadeo por unha estrada asfaltada, paralela á N642.

Á nosa esquerda a vexetación é moi interesante pola salinidade da auga de ese terreo encharcado que sube e baixa cando as mareas son fortes. Ao longo desta recta a estrada vai mais baixa do que ía a vía do tren, e ao final atopamos un desnivel, insalvable, que nos obriga a subir polo primeiro camiño que atopamos cara a dereita, lévanos a Lourido.

Ao aproximarnos ás casas de Lourido entra un camiñoPonte á dereita que bordeará un prado no que a presencia de tres árbores nos servirá para identificalo; este camiño en baixada, con algunhas silvas, chega á vía e por ela viremos ata o lugar no que a estrada que baixa de Lourido entronca coa N 642.

Pola nacional hai que rodear a desembocadura do río grande ata a altura da ponte que foi  do tren, alí entra un camiño que leva ao tramo mais interesante Reme – Os Guildeiros, que inclúe a ponte en curva de Rego da Viña. Na entrada unhas verxas dificultan o paso e na saída a maleza é o impedimento.

Hai uns anos este tramo de aproximadamente 3 km foi entrando en Rlimpado esperemos que se volva a limpar. Mentras pódese vir subindo cara a Frieira e seguindo por a primeira estrada á dereita que pasará por Casas novas e Os Guildeiros. Nos Guildeiros a vía entraba nun túnel para saír nas Aceas, o camiño que leva á saída do túnel está impracticable así que desde os Guildeiros iremos polo monte cara a Palmeira onde podemos ver outro fragmento da vía ata achegarnos a un túnel, que foi aproveitado como almacén de escombro, impracticable, óbviase sen dificultad. Dende a Palmeira a Ribadeo o recorrido séguese con bastante coincidencia co trazado orixinal.

Pasa por O Treixo,  A Fonte,   A Pega, ….   Entre a casa de Sela e a dos curas …   Chega a estación ….   A Lodeira, …       As barreiras, ….         O Cargadeiro.cargadeiro3estación 

.

.

.

 

 

 

.