Arredor do monte de Santa Cruz

Visualizar o mapa ampliado

Concello: Ribadeo                    24-pineira-ove.jpg                    

Parroquias: Piñeira e Ove.

Distancia: 13 km

Sinopse: O camiño alterna pistas da concentración parcelaria con carreiros polo monte, evitando a estrada. A primeira etapa é cara ao leste, paralela ao mar, a segunda atravesando polo monte e a terceira cara ao norte, paralela á ría.

Percorrido: Sáese de Ribadeo polo Cobo, pola pista de servizo paralela á estrada de circunvalación. A altura de Reverte por unha ponte sobre a estrada, pásase á estrada do monte pola que se ven 100m cara a Ribadeo para entrar á dereita cara ao monte, disfrutando do cuidado que está toda a contorna..

Este carreiro, ía a Fraga da Arca,  por el vaise indo ata os camiños bordeados de acacias de Santa Cruz. Atravésase a condución de gas e a liña de alta e pouco a pouco vaise subindo á pista que desde a forestal da Madanela vai a Acevedo. Por ela, de novo entre acacias, vimos ata ver a pista de Acevedo, momento no que baixamos cara ao antigo basureiro para visitar os casetos das Fontes do lobo, primeira traída de augas a Ribadeo, imos rodeando o pico de Santa Cruz e alí e bo sitio para comer. De este monte  sáese xunto ao que foi a fábrica de parqué. Agora hai que atravesar a estrada para ir ao Valín. Pasada a fonte éntrase pola primeira pista á esquerda que logo xira en ángulo recto, pasadas as instalacións do punto limpo báixase polo Muíño da Ignacia á Palmeira e no campín dos cochos, un camín que pasa baixo a vía do tren, achéganos ao trazado do antigo ferrocarril de Vilaodrid e por el regresamos á Pega, a Faxarda e a Ribadeo.

                                                                       Teresa Díaz Estévez