A Frouxeira

Ver mapa

Concello: Foz
Lugar: Santa Cilla, A Frouxeira
Distancia. 9 km
Desnivel:350 m
Acceso: En coche dirección Foz pola N 642 e en Vilaronte dirección Ferreira pola LU 152

Pasado o km 6 da estrada LU 152, éntrase polo primeiro desvío á esquerda para deixar os coches no punto de inicio: Vilatuixe. Entramos no monte, á esquerda rodeando o Coto Curuto, abaixo á nosa dereita queda Cardoxe e o Rego Vilariño que non cruzaremos.

Cando o camiño vira ao norte estaremos atentos a coller o primeiro desvío á esquerda, cara ao sur, e inmediatamente de novo á esquerda para subir rodeando a Armada Vella primeiro cara ao sur e logo cara ao norte.

Cando o camiño comence a perder altura, outra virada á esquerda nos sube á zona xa libre de vexetación, con grandes pedras de granito entre as que seguiremos subindo ata o pico da Frouxeira.

A baixada será pola carretera asfaltada ata Vilacizal. A primeira pista recta á dereita nos leva ao punto de partida.

 

Panorámica pico do frouxeira foz rubengherrera.jpg
De DarkMoMoObra propia, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=20237307