Río Xunco. Cervo

      

Ver mapa más grande
Concello: Cervo

Distancia: 10kmrio-xunco-en-googleearth.jpg

Transporte: FEVE  para consultar os horario preme aquí

 

Sinopse: O paseo vai ao son do Río Xunco, que dende a Praia de Rueta vai ao Paseo dos Namorados en Sargadelos.

Percorrido: Utilizando como medio de transporte o FEVE o paseo comeza, e remata, na parada de Madeiro, que dista 1 km da ponte sobre o Río Xunco, baixo a que se inicia o paseo marcado á beira do río que haberá que atravesar por un pasadoiro firme e curioso. O camiño está limpo e ben trazado, entre as frondosas e a vexetación de ribeira con grandes fieitos, facendo o paseo moi grato. 

Unha vez na xeral hai que atravesala e camiñar 10 metros en dirección a Viveiro para entrar por un carreiro que baixa ao río, agora á nosa dereita. Pásase o río, mais adiante por unha fermosa ponte de pedra e aínda que logo sae a estrada, volve a baixarse e pasar a ponte para seguir co río á nosa dereita ata saír a un muiño cerca da Praza do Souto, centro de Cervo, no que está o Ecomuseo Terras de Azul Cobalto e o Parque da Lobeira.

O paseo continúa, sempre á beira do río, por detrás do Ecomuseo, enlazando co camiño real e pasa polos vestixios da antiga fábrica de Louza e polos Muíños, chegando ata a Fonte da Tella, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos: Sala de Arte nas antigas carboeiras, os cuarteis restaurados, muros dos edificios da antiga fábrica de fundición, as bocas dos fornos, senda botánica, Paseo dos Namorados, o museo da Casa de administración, o Pazo de Ibáñez, ….

Dependendo do transporte público, convén ter calculado o tempo necesario para o regreso que será polo mesmo camiño.

Teresa Díaz Estévez