Arquivo para a Paseos por A Devesa Categorí


Ver Ribadeo Castros costeiros nun mapa máis grande
Percorrido: Partindo do apeadoiro de FEVE nos castros, vaise cara ao mar ata a praia dos Marbadás (ou dos castros) e a esquerda ata a praia de illas, e xa temos o Castro á vista: a parte exterior da muralla ocupada por un caseto rodeado dunha especie vexetal catalogada como invasora, e a parte interior con unha edificación que cando foi feita deixou ao descuberto (por pouco tempo) restos arqueolóxicos.
O paseo ven agora cara a Ribadeo ….

A costa oeste de Ribadeo: da Malata a Rinlo

11-praias.jpg

Para ver unha foto preme nela 

 rio-cabalar-4.jpgesteiro.jpgr-pernon-1.jpgfornelos.jpg

Concello: Ribadeo

Parroquia: A Devesa , Rinlo

Distancia: 9 km

Transporte: FEVE

Percorrido: Este paseo comeza na praia de San Miguel de Reinante, Barreiros, vindo cara ao leste polo paseo de madeira, que leva á Malata, desembocadura do Rego Pernón  onde comeza o Concello de Ribadeo. A este lugar, de marea baixa, chégase dende ambos concellos por cinco pasadizos diferentes; con marea alta queda illado polo propio paseo.Séguese sobre a praia das Augas Santas até a entrada á praia das Catedrais, baixando un pouco cara á praia, pasados os servicios un camiño moi pisado indica a dirección a seguir. Vense os “ollos” das covas, arcos e pasos da praia As Catedrais e logo se chega a Esteiro. Sempre á esquerda, o carreiro á beira do mar rodea a entrada do Cadramón, e mais adiante a praia de Cova que nos bota uns metros á estrada. Ao leste está a praia As Illas, sobre ela o castro e no castro unha casa particular. Ten un cancela para a serventía obrigada de paso.Xa se ve a praia dos Castros ou Marbadás, entre ela e a seguinte, Xuncos, imos por un tramo de paseo empedrado. Continuamos polo carreiro até a seguinte entrada, Porto, que chega até a estrada. Ao seu remate, collemos á esquerda para seguir xunto ao mar e chegar á praia de Meirengos. Nesta zona o cantil deixa pouco paso, se os penedos están mollados ou alguén ten dificultade para pasar, pode ir 300m pola estrada para voltar á costa unha vez pasado o lugar de Meirengos. Vese Punta Corveira cos Cormoráns na illa, e a  cetárea, lugar onde esparaba a ser vendido o marisco da costa de Rinlo: lumbrigantes, langostas e sobre todo andaricas.             Imos sobre os penedos e ao chegar á terceira cetárea hai un paseo marítimo que sube xunto ao rio á fonte de Xuncos e volve pola Ribeira, sobre a praia da Areosa, que non ten area, para rematar na pista polideportiva.

           

                                                                                  Teresa Díaz Estévez

Concello: Ribadeo                                                             05-remourelle.jpg

Parroquias: Arante, Devesa, Vilaframil, Piñeira e Ove 

Distancia: 18 km      Para situar o punto de partida preme aquí

Percorrido: O punto de partida, para esta travesía en descenso por os montes de Ribadeo, é o bar ultramarinos “Centro”, en Remourelle; con 350 m de altitude, desde onde se sube, por pistas de terra, a Penalonga,  no pico do  monte Comado (509 m).

Atravesando monte baixo, chégase a Noceda, e  bordeando o Mondigo, por a cara norte, sáese a Cereixido. Continua o paseo por a forestal que vai xunto a A Coroa , pico ao que se pode subir (367 m), e a O Corno (296 m), sitio recomendado para comer.

Continúase baixando, sempre cara ao leste, por a pista forestal de Vilaframil, ata coller un desvío á dereita que leva por debaixo de Acevedo ao monte de Santa Cruz (175 m).

O derradeiro tramo do descenso será por as pistas de Ove.

Teresa Díaz Estévez

Baixamar en Barreiros e Ribadeo

Concellos Barreiros,  Ribadeo                baixamar-barreiros-ribadeo.jpg     4.jpg

Distancia mínima:10 km

Transporte: FEVE

Percorrido: Este é utro dos moitos paseos que se poden realizar á beira do mar, utilizando a FEVE como medio de transporte, e collendo Ribadeo como punto de referencia para os horarios. O paseo ten varias opcións resultando así apto para todo tipo de camiñantes. Pode ser un percorrido de 10 km, sen ningún desnivel, por un camiño especialmente deseñado para ese fin, ou pode ser unha experiencia mais intensa, camiñando pola area, nadando se a marea obriga e o mar permite, avanzando por covas en total escuridade, …

Comeza na estación de San Cosme de Barreiros ás 11:30, camiñando en dirección á praia de Remior, son 2 km escasos por unha estrada comarcal de pouco tránsito. Unha vez no mar e coa marea baixando pódese ir pola area practicamente os 5,5 km de costa, cara a Ribadeo. En dous cabos haberá que subir ao camiño pero en poucos metros pódese baixar de novo ao areal.

Atravesada a praia de Reinante, vai sendo hora de comer, lixeiro, porque nada mais cambiar de concello haberá que nadar para salvar a punta que separa A Malata das Augas Santas, sempre con opción de ir por a pasarela de madeira, que ten unha baixada a esta praia. Pasar as Catedrais e chegar a Esteiro son outros dous quilómetros, para os que resulta complicado calcular o tempo, depende do que se queira enredar nas covas e pasadizos.Unha vez na praia de Esteiro hai onde descansar e axustar o tempo para coller o tren que pasa a 700m da praia, ás 18:08 de regreso cara a Ribadeo.

Teresa Díaz Estévez