Arquivo para a Valdés Categorí
Concello: Valdés
Lugar: Luarca
Distancia: 10 km
Medio de transporte: FEVE
Percorrido: Saíndo ás 11:10 de Ribadeo na FEVE, con destino Luarca, chégase a Luarca ás 12:30, ao lugar adecuados para visitar as instalacións de CEPESMA, situadas provisionalmentre na misma estación. (http://www.cepesma.com ). Indo cara ao mar, visítase o centro de Luarca, e continúase ata a terceira praia, na que hai un carreiro que sobe en zigzag ata o alto do cantil. Pola beira do mar vense camiñando cara ao oeste ata aproximarse á praia de Albarde. Logo de vela desde arriba, polo camiño do Taurán vaise a San Justo e a La Mata onde está o Parque de la vida ( http://www.parquedelavida.org/ ) .Desde La Mata pasando por Canedo quedan 2 km para chegar a Otur, donde haberá que estar antes das 17:10 para coller o tren de regreso.
Teresa Díaz Estévez
