Veiga sur

A Veiga.As Travizas

 

Mapa do paseo


Ver Veiga sur nun mapa mais grande

Concello: A Veiga

Lugares: Miou, Travizas, Padrouzas

Distancia:  9 km

Percorrido:  Chegando á Veiga desde Ribadeo, éntrase polo río Monxardín buscando o camiño de Santiago, por el súbese a Forxa. Desde Forxa vaise á Sela de Murias polo Camiño de Santiago, con un desnivel de 150 m de subida en 3 km
Deixamos aquí o camiño de Santiago, caendo á esquerda para chegar en 1,5 km ás Travizas, desde onde hai unha espectacular panorámica da ría. Continúase cara Ás Paleiras que está a 2400 km por camiño ou por estrada.
Non que da mais que o descenso de 250 m por Pe de Xulián desde pico Travizas a Padrouzas para ir á beira do Monxardín ata regresar ao punto de partida.
                                                                                                                     Teresa Díaz

Luarca CEPESMA Otur

 
Ver mapa más grande

 

Concello: Valdés

Lugar: Luarca

Distancia: 10 km

Medio de transporte: FEVE

Percorrido: Saíndo ás 11:10 de Ribadeo na FEVE, con destino Luarca, chégase a Luarca ás 12:30, ao lugar adecuados para visitar as instalacións de CEPESMA, situadas provisionalmentre na misma estación. (http://www.cepesma.com ). Indo cara ao mar, visítase o centro de Luarca, e continúase ata a terceira praia, na que hai un carreiro que sobe en zigzag ata o alto do cantil. Pola beira do mar vense camiñando cara ao oeste ata aproximarse á praia de Albarde. Logo de vela desde arriba, polo camiño do Taurán vaise a San Justo e a La Mata onde está o Parque de la vida ( http://www.parquedelavida.org/ ) .Desde La Mata pasando por Canedo quedan 2 km para chegar a Otur, donde haberá que estar antes das 17:10 para coller o tren de regreso.

                                                                                           Teresa Díaz Estévez

De S.J. de Moldes a Ribadeo pola senda costeira


Visualizar o mapa ampliado

 

 

Concello:Castropol

Lugares: San Juan de Moldes, Castropol, O Esquilo, A Liñeira e As Figueiras

Distancia: 11km

Transporte: FEVE” (consulta horarios)

Percorrido:Tendo como punto de partida a estación de FEVE de Castropol, e baixando cara a estrada xeral, atópanse as marcas da ruta Vegadeo Tapia, que se seguirán en dirección Tapia ata aparecer as de un lugar con vista panorámica cara ao que haberá que dirixirse.

Unha vez nel, seguindo a dirección que se traía, báixase á estrada frente a Casa Vicente, lugar onde comeza a nova senda costeira entre Castropol e As Figueiras, perfectamente sinalada.

Das Figueiras continúase cara a Ponte dos Santos, para regresar a Ribadeo con un percorrido total de 11km.

                                                                                                     Teresa Díaz Estévez

As Anzas – Santomé – As Anzas

Visualizar o mapa ampliado
Parroquias: Covelas e Vilausende
Lugares: As Anzas, Río Grande, Santomé
Distancia: 10 km
Transporte: Coche particular
Percorrido: Saíndo da escola das Anzas en dirección ao Carboeiro, séguese unha senda marcada que vai cara a Reme de Arriba, ata chegar ao desvío á dereita que permite baixar ao río e atravesalo por unha ponte de cemento. O camiño continúa subindo entre eucaliptos ate a estrada que vai a Santomé, lugar que merece a pena visitar. Despois de ver a súa riqueza paisaxística e patrimonial rodéanse as casas para entrar no monte polo campo dos bolos e comezar un descenso en zig-zag con As Anzas ao fondo.

Pásase o Río Grande e ao chegar ás casas vaise á dereita para volver a aproximarse ao río pola segunda pista estreita e asfaltada tamén cara a dereita. Xa co río á vista xunto a unha casa restaurada sae un camiño á esquerda que vai ao lugar da pena tallada para permitir o paso dunha canal de auga para un dos muíños, do que quedan as ruínas, xunto a fermosa ponte chamada de Pena Tallada.

Sen pasalo río un camiño vai dende a ponte á pista na que voltaremos a atopar as marcas da senda e por ela á esquerda regrésase ao punto de partida, a escola.

Teresa Díaz Estévez

De Canero a Barcia


Visualizar o mapa ampliado

Concello: Valdés
Lugares: Canero, Caroya, Barcia
Distancia: 10 km
Transporte: FEVE” (consulta horarios)
Percorrido: Comeza o paseo na estación de Canero, onde se sae á esquerda ata a estrada xeral, que se atravesará para subir á ermida desde onde se continúa seguindo os sinais do camiño de Santiago que nos aproximan ao Río Esva para ir a súa beira ata a desembocadura na praia de Cueva. Na marxe oeste da praia, con a marea non moi alta, hai aceso a un carreiro que polo penedo sobe ao cantil, ofertando boas vistas da praia e da costa especialmente do cabo Busto. Vaise á beira do mar ata o camiño que baixa á praia dos muiños, lugar adecuado para comer.
O camiño continúa sempre ao oeste, subindo á sombra de frondosas e piñeiros, chegando as primeiras casas de Barcia, e atravesando o lugar, rico en valores patrimoniais.
A saída de Barcia, á esquerda, cara ao mar e mais adiante de novo á esquerda, atópase a apeadoiro de FEVE en Barcia, punto final deste percorrido.

Teresa Díaz Estévez

Da Veiga a Ribadeo


Visualizar o mapa ampliado

Concello:Ribadeo

Parroquias: Santalla de Vilausende e Ove

Distancia: 16 km 

Transporte: FEVE. (consultar horarios)

Punto de partida: Estación de FEVE da Veiga

Percorrido: Saíndo da estación cara á Veiga, a altura de Ferros Alonso, entrando á dereita, hai unha ponte para cruzar o Río Suarón, e despois de atravesar o recinto feiral, outra ponte permite pasar o Río Monjardín e outra vez á dereita vaise á ponte sobre o Río Eo. Xa en Galicia no lugar de Porto de Abaixo, unha estrada pendente sobe entre as casas, e gañando altura hai unha vista panorámica da xunqueira e os meandros do río Eo. Ao chegar a estrada de Porto de Arriba hai que ir á esquerda, pasando xunto a subestación do gas, para baixar ao Río da Veiga, Carbón e a Curuxeira para chegar á estrada de Santalla de Vilausende.

Vaise a esquerda, cara ao pazo, uns metros para entrar pola estrada que pasa diante da igrexa e seguir por ela ata o lugar de Santomé. Pasadas as casas baixa un primeiro camiño ao río grande, por o que non se entra, pero hai que velo, para despois entre os eucaliptos ver o segundo e así saber que no seguinte, o terceiro que fai unha pequena isleta a modo de rotonda, é o adecuado para baixar ao Río Grande nun punto que se pode atravesar por unha ponte de cemento e continuar por pistas de terra collendo cara a dereita na pista mais ancha na que se desemboca para chegar a Reme de Arriba.

Báixase de Reme  a estrada xeral para ir uns metros á esquerda e subir por camiños de terraa ata Frieira Vella. Na estrada á esquerda vaise cara a Pastoriza e no cruze á dereita por unha pista de terra atravésase o monte para saír a Vilar da Graña. Chegando ao asfalto á esquerda vaise á Graña e fronte a capela, entre as casas continúa un camiño que baixa á Palmeira, ao pasalo río convén desviarse uns metros augas arriba, para ver o muíño, actualmente en fase de recuperación, saése a Ove e a Ribadeo.

                                                                                     Teresa Díaz Estévez

Campo do Chao – Balmonte – Samagán


Visualizar o mapa ampliado

Concello:Castropol

Distancia:16 km

Sinopse:Desde O Campo do Chao vaise camiñando sempre co Pousadoiro á esquerda, 5km, ata chegar á zona de prados, atravésanse para ir a Balmonte desde onde se baixa ao son do río á Veiga dos muíños e a Samagán. Os primeiros 300 metros de baixada son por un camiño en mal estado. o resto do paseo é por pista de terra ancha e libre de maleza

Punto de partida:Campo do Chao. convén ir pola Veiga a Piantón e Samagán, onde se deixará un dos coches, e se collerá a estrada que, por Presno, sube ao Campo do Chao.

Percorrido:Unha vez arriba comeza o paseo traspasando a cancela que impide a saída dos cabalos, ten unha pequena subida durante a que se ve a rasa costeira de Asturias, panorámica que cambia ao chegar ao punto mais alto, pasando a contemplar o val do Suarón que baixa da Garganta, e mais tarde o do Rego dos Cobos, por onde se regresará.
Avánzase pola pista ata aproximarse ao pico Pousadoiro, momento en que se colle cara á esquerda subindo ata chegar a uns casetos de madeira e logo a outra cancela. Pásase, péchase e continúa o paseo entre uns prados baixando ata chegar a Balmonte.
Vaise uns metros pola estrada en dirección á Veiga, ata un camiño que comeza a baixar en dirección a Requeixo. Ao chegar ao lugar no que houbo a corta, hai que entrar nun prado a esquerda e ir baixando ata dar na pista ancha, de terra, na que collendo á esquerda leva ao final deste paseo, Samagán, sempre á beira do Rego dos Cobos.

Río Sor: De Augas Caidas a Ponte Segade


Visualizar o mapa ampliado

sor-ao-fondo.JPGcartel.JPGaugas-caidas.JPGponte-segade.JPG 

Concellos: Mañón (A Coruña), O Vicedo (Lugo)

Lugares: Riobarba, Ponte Segade.

Distancia: 6km

Como chegar: En coches particulares. Na estrada que do Barqueiro vai ás Pontes, no quilómetro 14 (aproximadamente) hai un indicador á esquerda no que se le: Mirador do Couto, un quilómetro mais adiante, nun eucaliptal, hai un desvío á esquerda con un indicador (visible vindo desde O barqueiro, pero non en sentido contrario) no que se lee: Augas Caídas. A mesma estrada secundaria pola que se chega a este mirador, continúa ata Ponte Segade.
Ou ben indo desde Viveiro, pasado Covas, na primeira rotonda, déixase a estrada xeral entrando polo único desvío que hai, para chegar a Riobarba De ali báixase a Ponte do Porto (ponte romana) para atallar á estrada antes indicada.
Percorrido: No mirador das augas caídas, coa súa área de lecer: refuxio, mesas, asadores e fonte, hai unha baixada en zig-zag, con algún tramo de escaleiras ata a río que continúa, augas arriba, sendo un sendeiro, amplio, seco, e chao, á beira do río. Enseguida se chega a unha ponte de madeira pola que se atravesa á marxe lucense, ande volvemos a atopar un lugar para descansar con mesa, fonte e o que foi un muíño, facendo as veces de refuxio.
Continuamos augas arriba por un carreiro sempre xunto ao rio, á sombra de frodosas, e sen desniveis apreciables, ata un novo refuxio, preparado recuperando pedras, luídas pola auga de moitos anos, e outros elementos antigos, para formar un lugar realmente agradable. Séguese pola marxe lucense ata chegar a unha pista e pasar o río, onde de novo atopamos un muiño ofrecendo cobixo, e ao seu arredor bancos, asadores, dúas mesas e unha carballeira para perderse nela.
Camiñando agora pola marxe coruñesa, xunto a un río limpo e caudaloso, á sombra, queda un pequeno tramo ata chegar a área de lecer de Ponte Segade, onde damos por terminado esta paseo de apenas tres horas.
Para camiñar un pouco mais, podíase ter comenzado na ponte romana de Ponte de Porto, cerca de Riobarba, e seguir as marcas da ruta alí indicada: Ponte de Porto – Ponte Segade, precisando así de 5 a 6 horas.
Teresa Díaz Estévez

PR-G 8 Río Sor


Visualizar o mapa ampliado

pr-g8.jpg                 

Concellos: O Vicedo, O Barqueiro          

Lugar: Río Sor

Distancia 9,3km

Como chegar: En coches particulares hai que ir ao Vicedo para entrar cara o sur, a Negradas, despois bordear a illa de S. Martiño e o esteiro do río Sor e seguir cara ao Morgallón

 Sinopse: Desde Morgallón báixase ao río Sor, rodéase o Monte da Ínsua,  regresando a Morgallón

Percorrido: Este sendeiro destaca pola beleza das ribeiras do río Sor. Iníciase despois de pasar o núcleo do Morgallón, no cruzamento dunha grande explanada. Segue por unha estrada local ata a ponte que cruza o río en Monte de Insua de Baixo. Desde aquí diríxese, dirección río arriba, a Ponte Ulló.Unha central eléctrica xa abandonada, unha antiga cadeira de ferro que grazas a unha polea permitía atravesar o río e un fermoso muíño son algúns dos elementos que acompañan a ruta. A presa de Ponte Ulló constitúe unha importante reserva piscícola. Despois de cruzar o istmo que separa os dous tramos do río, cóllese a pista de regreso que acompaña o curso do auga encaixada entre verticais ladeiras. Ao chegar outra vez a Monte de Insua e despois de cruzar a ponte, un sendeiro pola marxe dereita do río conduce ata outra telecadeira.

Río Landro: de Covas a Galdo


Visualizar o mapa ampliado

Concello: Viveiro

Lugar: Covas

Transporte: FEVE para consultar os horario preme aquí

Percorrido: Comenza o paseo na estación de Covas, desde a que se baixa a praia en liña recta. Ao longo da praia e despois a beira do río hai 2km de paseo ata a primeira ponte e 600m mais ata a segunda ponte, pola que se atravesa.
Tras pasar por debaixo da vía do tren, comenza un camiño, sempre xunto ao Landro, de 3,3 km que vai ao lugar de Galdo. Estre tramo é de ida e volta, rematando o paseo na estación de Viveiro, onde haberá que estar antes das 17:05 para coller o tren de regreso que chega a Ribadeo ás 18:18.